SEMANA DA PRENSA

Co gaio da Semana da Prensa (9-13 marzo) levouse a cabo unha actividade con este soporte  para realizar cada aula na súa hora semanal de biblioteca.

Nesta ocasión, Ratiño e Ratiña, motivados polo proxecto de centro "Nos Mundos de Xulio Verne" invitáronnos a participar nesta aventureira actividade.

O estante de revistas e prensa encheuse de xornais de diferentes países do mundo, dos cales moitos deles relacionábanse con lugares polos que Phileas Fogg pasou para dar a "volta ao mundo en 80 días", e que o alumnado tiña que identificar en función da súa bandeira.

Despois de ver de qué países eran todos os xornais, farían unha búsqueda para relacionar qué xornais podía traernos de esta volta ao mundo e cales non. Así, os máis maiores tamén podían facer unha búsqueda das cidades concretas polas que foi percorrendo. (exemplo: no país de Francia o lugar polo que pasou foi París). 

Tamén aproveitamos para ver as partes dun xornal, a forma en como se expoñen as noticias ou a distribución das mesmas en función dos diferentes países (semellanzas e diferenzas entre eles).

Así poderemos estar máis preparadxs para facer o noso propio xornal de centro (sempre e cando as circunstacias o permitan...)













Comentarios