E CHEGARON AS PARALIMPÍADAS!

Como remate ao noso proxecto documental integrado mañán mércores celebraremos as nosas paralimpíadas contando cuns invitados/as de luxo, 16 usuarios/as de ACEESCA compartirán con nós o día e axudarannos a que todo saia ben actuando como verdadeiros representantes do Comité Olímpico Internacional.

Mentras, hoxe, estivemos preparando as probas e ademais gozando coas últimas lecturas do curso, neste caso á sombriña no "xardín" da biblioteca

A descrición das probas que se van celebrar durante as paralimpíadas son as seguintes:

-       1. CARREIRA DE OBSTÁCULOS:

Neste xogo o alumnado farase conta da importancia do sentido da vista e das dificultades e obstáculos que atopan as persoas invidentes no seu día a día.

Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA (membros do COI).

Dinámica: Nun circuito con conos espallados, os/as nenos e nenas terán que percorrelo cos ollos vendados. Non hai gañadores, o premio está en chegar sen mover os conos e ¡pasalo ben!

Alumnado de ACEESCA: Serán os que realicen a arbitraxe, tendo en conta de que ningún cativo faga trampas e axudándolles mediante indicacións (dereita - esquerda), ou ben, cos máis pequenos (especialmente de Infantil) tocando os ombreiros dos rapaces para indicar o camino. Se teñen que xirar á dereita tocanto este ombreiro, se teñen que xirar á esquerda, do mesmo xeito, cara diante, atrás, etc.

-       2. TIRAR Á DINANA COA MAN NON DOMINANTE

Neste xogo o alumnado terá en conta a dificultade que supón non ter un brazo e tamén como é posible realizar actividades que requiran certa dificultade a pesares dos obstáculos.

Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.

Dinámica: Haberá unha diana con dieferentes puntuacións. Os nenos e nenas tirarán pelotas coa man non dominante, é dicir, se son zurdos coa destra e se son destros coa zurda. Non gaña ningún, pois non se suman puntuacións, o premio está en aguzar a puntería tendo en conta a dificultade. Se son nenos de Infantil e non saben cal é a destra ou a zurda tirarán igualmente sen este hándicap. Non se trata de fomentar a competitividade ou a rixidez nas normas senón pasar unha mañá divertida!

Alumnado de ACEESCA: Se encargará de que os cursos formen dúas filas, unha para cada diana, e farán unha arbitraxe para que os nenos non fagan trampas e teñan sempre a man indicada (ou simplemente unha delas) pegada ás costas.


-       3. CASCABEIS NA CANASTA

Neste xogo o alumnado farase conta da importancia do sentido do oído, especialmente para aqueles que non teñen o sentido da vista.

Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA, membros do COI.

Dinámica: Se colocarán uns cascabéis nunha canasta que se farán soar axitando as redes cunha pica. Noutro extremo, colocaranse os nenos que levarán os ollos vendados orientándose polo sentido do oído.

Alumnado de ACEESCA: Serán os que realicen a arbitraxe, no mesmo sentido que no xogo primeiro e ademáis poden abanear as canastas e entregar os balóns. Estarán axudados polos alumnos de 6º.


-       4. CARREIRA CON CULLERES COAS MANS ATADAS

Neste xogo o alumnado farase conta da importancia que teñen as extremidades superiores, especialmente cando necesitamos realizar unha actividade que requira equilibrio; e tamén a importancia de superarse a pesar dos obstáculos.

Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.

Dinámica: En dúas filas (que organizarán os nenos de 6º ou ben os mozos de ACEESCA), o alumnado coas mans atadas percorrerá unha distancia cunha bola sobre unha culler que suxeitará coas mans. En caso de caírselles a bola, deberán voltar á liña de meta. O xogo rematará cando todos os nenos pasen pola liña de meta. Non gaña ninguén. Todos gañamos coa experiencia.

Alumnado de ACEESCA: Serán os que realicen a arbitraxe, avisando ós/ás nenos/as ós que se lles caian as bolas que deben voltar a liña de meta e dará o aviso de saída cun silbato.


-       5. VOLEIBOL SENTADOS.

Trataríase de variar o deporte do balón volea para tomar conciencia da situación de persoas que non poden usar as súas extremidades inferiores e para percatarse de que podemos xogar un deporte a pesar das dificultades.

Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.

Dinámica: O alumnado de sexto (ou se o prefiren os invitados de ACEESCA) dividen o grupo en dous equipos que se sentarán no chan para desfrutar dun partido de vóley pero sen poder levantarse do chan. As normas non serán extremadamente ríxidas, senón que se trata de pasalo ben e de tomar conciencia da situación.

Alumnado de ACEESCA: Serán os que realicen a arbitraxe, tendo en conta de que ningún neno faga trampas e axudando (xunto co alumnado de 6º) cos balóns. Levarán un silbato para indicar cando comeza o xogo, cando remata ou ben se houbera o caso, cando algún alumno faga trampas, se levante, etc.


-       6. PROBA PARA LER OS LABIOS.

Nesta proba, tomaremos consciencia das posibilidades que temos cando estamos imposibilitados na escoita, emulando as dificultades que ten a comunidade hipoacúsica no seu día a día.

Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica da proba. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.

Dinámica: Os nenos de 6º e os invitados e representantes do COI, dividirán cada  grupo de nenos en dous grupos a súa vez. Formarán dúas filas e unha delas se colocará nunha mesiña onde deixaremos varias mensaxes curtas que terán que ler (se son moi pequenos coa axuda do titor, mestre de apoio ou especialista). A continuación dirán a mensaxe se emitir ningún son, de modo que o primeiro ne no do otro grupo (que estará formando unha fila xusto en frente) terá que adivinar a mensaxe.

(Todavía por ver: as mensaxes poderían ser dun texto fácil que fale de inclusión, para logo pegar estes anacos nun lugar do cole).


Alumnado de ACEESCA: Serán os que organicen as filas coa axuda do alumnado de 6º. Ademáis realizarán a arbitraxe, tendo en conta de que ningún neno faga trampas e axudando quizáis a entregar as mensaxes.


-       7. CARREIRA Á PATA COXA

Nesta actividade tomaremos consciencia das dificultades que teríamos e situándonos no lugar de alguén que non ten unha perna.

Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica da proba. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.

Dinámica: Os nenos de 6º e os invitados e representantes do COI, dividirán cada  grupo de nenos en dous grupos a súa vez. Formarán dúas filas e realizarán unha carreira por relevos á pata coxa. Se poñen o pe no chan ou caen, teñen que volver empezar.

Alumnado de ACEESCA: Serán os que organicen as filas coa axuda do alumnado de 6º. Ademáis organizarán a arbitraxe, tendo en conta de que ningún neno faga trampas e invitando a voltar á liña de meta ós rapaces que así obren.


-       8. ACTIVIDADE EXTRA:

ESCRIBIR COA BOCA A FRASE “EU TAMÉN PODO”.

Adicaremos a xornada a este concepto: todos podemos. Por este motivo e a medida que todos os grups rematen os xogos (ou se é o caso, no momento en que lles toque), realizarán esta actividade plástica e non deportiva.

Facilitaremos a todos os menor papel e material para poder pintar, pero únicamente coa boca, mediante adaptación de dito material. Así crearemos concienca de cómo algunas persoas vencen as dificultades diarias con moito esforzó e paixón.


Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica da actividade. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA.

Dinámica: O alumnado terá que escribir a frase “Eu tamén podo!, con material adaptado e empregando únicamente a boca. Os nenos e nenas de infantil únicamente realizarán un debuxo ou trazos sinxelos.


Alumnado de ACEESCA: Axudarán co material, entregando papel e pinturas. 

Ánimo a todos e a todas! Boas Paralimpíadas!

Comentarios