30.3.17

MARZO, MES DA POESÍA...

Este mes de marzo o colexio encheuse de poesía! Primeiro celebramos o Día da Poesía creando poemas colectivos que serán recollido nun libro que ocuparán un lugar mois especial no andel de poesía e logo irrumpindo nas ulas de forma sorpresiva sen horario e sen control para ler e recitar poemas. 
Estas Accións Poéticas Subversivas (APS) leváronse a cabo durante dúas semanas, e neste vídeo queda unha mostra. Os nenos e nenas de educación infantil recitan o seu poemiña para os nenos e nenas de primeiro.
Foron momentos poéticos fantásticos que fixeron do cole un lugar especial durante este mes de marzo!  
VIVA A POESÍA!


Sem comentários: