O CONTO VIAXEIRO
Ola a todos, razapada!!
Este ano voltamos cunha actividade que sabemos vos encanta!!
Este ano voltamos cunha actividade que sabemos vos encanta!!
O CONTO VIAXEIRO!!!
Coma noutros anos decidimos que é unha boa idea retomar unha das actividades máis chulas da biblio. Se tedes boa memoria, trátase de facer un conto entre todxs xs nenxs do cole.
Para facilitarvos a labor, xa lles entregamos aos titores unha copia coa temporalización das tarefas. Teredes que continuar o conto que iniciará 6ºB o día 22 deste mes cun prazo máximo dunha semana para cada curso.
Ademáis, para que quede moi moi chulo, ilustraredes a vosa parte do conto cunha imaxe representativa do voso relato.
Podedes empregar aquelas técnicas de imaxe que máis vos gusten (puntillismo, raiado, colage, fotografía, acuarela, branco e negro,...). Creatividade ao poder!!!
Aquí vos lembramos os turnos e as datas que vos corresponden.
Ratiño e Ratiña estamos desexando ver a vosa creación e prometemos colaborar con vós encuadernando este traballo para que quede como libro de consulta na biblio.
Que vos parece? Gústavos a idea? Podedes deixar algunha suxerencia nos comentarios!!!
Eeee, tres, dous, un...
adiante, escritorxs!!!!
Abuuuuuur!!!
Comentarios
PASÁMOLO MOI BEN TODOS ESTES CURSOS NA BIBLIOTECA.
GRAZAS POR PRESTARNOS OS CONTOS.
QUEREMOSVOS MOITO.
BICOS.
Bicos e abrazos de Mara