XA ESTÁ AQUÍ, REMATOU A ESPERA CON TODOS VOS O TRABALLO DO CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO PARA CONMEMORAR O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO https://www.youtube.com/watch?v=_9x-tVs65Io
Publicacións
Mostrando publicacións desta data: 2014
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
SAMAÍN 2014 O SAMAÍN É UNHA CELEBRACIÓN DE ORIXE CELTA, A NOITE NO 31 DE OUTUBRO COMEZA O ANO CELTA, REMATA O VERÁN E ENTRA O INVERNO. NESTA NOITE AS ÁNIMAS DOS MORTOS VISITABAN CASAS E A XENTE PENDURABA NAS PORTAS CABAZAS ACESAS PARA PROTEXERSE DESTAS PECULIARES VISITAS. O NOSO COLE RECREOU O AMBIENTE DO SAMAÍN CON CABAZAS TRANSFORMADAS EN CIENTÍFICOS. ESTAS CABAZAS FORON FEITAS POLOS NOSOS ALUMNOS E AS SÚAS FAMILIAS. UN TRABALLO MOI CREATIVO E ORIXINAL, TANTO,QUE ATA RATIÑO E RATIÑA SE PASARON A MIRALAS E QUEDARON ABRAIADOS. PARA REMATAR A CELEBRACIÓN CANTAMOS, TODOS OS NENO/AS DO COLE, A CANCIÓN " O ROCK DAS PANTASMAS" A NOSA PERSOAL VERSIÓN EN GALEGO DA CANCIÓN ORIXINAL QUE É EN CASTELÁN. AÍ VAI UNHA PROBA DO BEN QUE O PASAMOS
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
OLA NENAS/OS Aquí vos deixamos unhas fotiños do contacontos que viu a biblioteca Como vedes nas fotos,os nenos/as de infantil foron os primeiros en animarse. A visita desteCONTACONTOS gustounos moito a ratiño e a min, aprendemos sobre os cogumelos e divertímonos bailando. Esperamos seguir recibindo visitan tan divertidas coma esta. bicos de Ratiño e Ratiña.
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións

RATIÑO E RATIÑA XA ESTÁN AQUÍ DE NOVO! Ola a todos! Xa estamos aquí de novo e traemos moitas novas que contarvos! Para empezar e por se non o sabedes (que algún de vos é moi despistado) xa está en funcionamento a nosa biblio. Este ano temos moitas sorpresas. Se vos queredes enterar o blog teredes que mirar! pero para ir desvelando algunha, que saibades que na festa do Samaín, presentaremos o novo Proxecto documental Integrado do centro, que este ano terá como temática... PISTA!!!
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Chegou marzo e con el a poesía, como xa sabedes o día 21 celebramos o Día da Poesía. Como xa nos informaron Ratiño e Ratiña de biblioteca temos a disposición de todos os lector@s do cole o II Libro de poesía ilustrada que fixemos entre todos o curso pasado. Tamén aproveitaremos este mes para que o alumnado de 4º pase polas aulas unhas versións en poesías dos contos "Carapuchiña Vermella" e "Os tres porquiños" Finalmente deixámosvos de agasallo poético este vídeo do libro "Rosalía pequeniña" interpretada por Uxía e que imaxina a unha Rosalía de Castro sendo unha nena pequena.