CLUB LECTOR

Este ano temos novidades con respecto ao club lector. Funcionarán 4 grupos, 2 en 2º ciclo e 2 en 3º ciclo. Os grupos de 3º ciclo recibiron a semana pasada unha invitación para a primeira reunión do club lector están citados o martes 1 de marzo (o primeiro grupo) e o mércores 2 de marzo (o segundo grupo) ás 11:45 h. na biblioteca.
A súa primeira lectura deste curso será "Lía e as zapatillas de deporte" da escritora María Reimóndez e ilustrado por Iván Sende.
Estamos moi agradecidos ao CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas que nos prestou amablemente os libros de Ke-Tumba Ket-Tamba para usar no club.
En breve comezarán a funcionar os dous grupos restantes do 2º ciclo.
Desexámoslles unhas felices lecturas compartidas!

Comentarios