RATIÑOS DE BIBLIOTECA: ALFIN EN ABRIL
Desde dúas bibliotecas escolares chéganos a proposta para realizar dúas investigacións centradas nas celebracións deste "Abril, mes dos libros".
Desde dúas bibliotecas escolares chéganos a proposta para realizar dúas investigacións centradas nas celebracións deste "Abril, mes dos libros".

A primeira das procuras de información centrarase en cuestións relacionadas co Día Internacional do Libro que se celebra como xa sabedes o 23 de abril. Esta webquest foi realizada pola biblioteca escolar do Cep de Cespón. Está pensada para o 2º e 3º ciclo de primaria.
Premede na foto de Cervantes para iniciar a investigación.
E desde a biblioteca do CEIP de Covas en Viveiro chéganos unha caza do tesouro
para aprender moitas cousas do Día do Libro Infantil e Xuvenil. Premede na foto de Andersen para resolver as cuestións que nos plantexan.

FELIZ INVESTIGACIÓN, RATIÑOS DETECTIVES!
Comentarios