16.4.10

CLUB DE LECTURA

Inicia a súa andaina o club de lectura da nosa biblioteca escolar. Faninos moita ilusión, porque ata o momento aínda que en cada titoría se realizan lecturas colectivas non funcionaba un club de lectura como tal.

Nesta primeira experiencia o club ofertouse aos nenos e nenas de 4º de primaria e a súa actividade está cordinada pola profesora María Velasco.

Escollimos como primeira lectura "A Monstroescola" de Anxo Fariña. O clube reúnese cada 15 días e nel participan 18 ratiños e ratiñas lectoras que se apuntaron ao mesmo voluntariamente. As reunións realízanse en horario escolar, xa que organizalo en horario extraescolar no noso centro é complicado xa que non temos transporte e moitos nenos non poderían asistir aínda que quixeran.

Os membros do clube (que aparecen na foto) teñen o seu carné personalizado e reuniranse en Maio co autor da obra dentro das actividades programadas para a Semana Cultural.


3 comentários:

fan da biblioteca disse...

Nenos e nenas de cuarto a e b sodes todos uns guapos e a min tamen me gustaria leer un libro de eses.

fan de un rato na biblioteca

BRAIS 4A disse...

HOLA A TODOS NENOS E NENAS DE 4A E 4B EU SON BRAIS E A MIN GUSTAME MOITO LEER POR ISO ENTREI NO CLUB LECTOR E TAMEN PORQUE ¡BOU A COÑECER A ANXO FARIÑA E TODOS DO CLUB BAMOS A TER O SEU AUTOGAFO¡.

BARIS 4A

BRAIS 4A disse...

a min gustoume e gustame leer os libros de Anxo Fariña por iso nesta foto estamos todos a leer o libro e moi moi moi interesante e cada vez que leemos cada capitulo nos divertimos moitisimo mais

Brais 4A