O TREN CDU, DE VIAXE POLA ESCOLA. . .
Durante esta semana temos de viaxe polo colexio ao noso TREN CDU da biblioteca. Nos seus vagóns viaxan as novidades que se presentan ante todos os ratiños e ratiñas lectoras da escola.

Como podedes comprobar cada material leva a etiqueta de NOVIDADES e é nesta estantería onde permanecerán mentras non pasen a formar parte da súa estantería, coa súa cor: Lila, verde, marrón e co seu número de vagón correspondente 0,1,2...


Na máquina do tren hai unha carta do Ratiño e da Ratiña de Biblioteca coas instruccións e as explicacións correspondentes para que o tren chegue desde educación infantil ata sexto.

Comentarios