ANXO MOURE NA BIBLIOTECA
Sempre nos alegramos de que Anxo Moure visite a nosa biblioteca. Este ano e grazas á colaboración do Concello de Mos gozamos unha vez máis coa súa presencia. Como só el sabe, encheu a biblioteca de maxia, paz, solidaridade...
Levounos a visitar coa imaxinación outros continentes: África, Sudamérica...
Pasámolo xenial e quedamos con fame de máis historias, agardamos que Anxo volva pronto no seu patinete, ten as portas abertas da biblioteca para cando el queira.
Comentarios
212