26.1.10

XANEIRO MES DE PAZ: CINE NA BIBLIOTECA
Ratiño e Ratiña de Biblioteca deixaron nas aulas entradas para todos os nenos e nenas da escola para unha nova sesión de cine na biblioteca, neste caso e tendo en conta que estamos a celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia escolleron unha película fantástica para a ocasión.
Para os nenos e nenas da escola as entradas invitan a ver a película HORMIGAZ. Nesta película o protagonista loitará por defender a súa singularidade dentro dunha colonia absolutamente alienada e dominada polos prexuicios sociais. O noso protagonista coñecerá os horrores da guerra e nos invitará a reflecionar sobre os dereitos individuais, a violencia e a necesidade de vivir en liberdade.
Aquí tendes as entradas que terán que presentan os asistentes á proxección.






1 comentário:

BRAIS MAURICIO disse...

me gustou moito a pelicula de hormigaz era divertida pero a miña parte faborita era cando o chico foi a guerra e fou o unico que bolbeu