30.4.09

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MOS

Nesta semana final de abril todos o alumnado do colexio visitamos a Biblioteca Municipal do noso concello, Mos. As bibliotecarias, Viki e Diana, foron moi amables e regaláronnos un libro a cada neno e nena. Ademais fixémonos socios/as e entregáronnos os carnets de usuarios para poder facer préstamos dos fondos da biblioteca municipal.
Durante a visita explicáronnos como funciona a biblioteca, que servizos ofrece e que materiais podemos levar
Tamén nos contaron un conto...resultou ser unha visita fantástica!
Nós tamén quixemos facer un regalo á biblioteca de Mos así que levamos exemplares dos contos viaxeiros que comezamos a facer hai catro cursos.

Deste xeito todos os nenos e nenas do concello poderán levalos prestados para ler nas súas casas.
Por certo, xa está colgado o conto correspondente a este curso que se titula "UNHA AVENTURA INCREIBLE". Se queredes lelo premedede no enlace do noso blog de normalización.