13.4.09

FORMACIÓN DE USUARIOS/AS
Aproveitando que no mes de abril os protagonistas son os libros os ratiños e ratiñas de biblioteca do colexio realizaremos diferentes visitas ás bibliotecas municipais do noso arredor. Visitar as bibliotecas públicas é unha opción excelente para ocupar o noso tempo de lecer e desde a biblioteca escolar propoñer un pouco mellor as bibliotecas do noso concello e dos municipios próximos: Mos, Redondela e Porriño.

Visitas físicas: por ciclos visitaremos a Biblioteca Municipal de Mos o martes 28 de abril 1º e 2º ciclo e o mércores 29 de abril o 3º ciclo. Os nenos e nenas de infantil realizarán a visita o día 22 de abril.

Visitas virtuais: visitaremos a través de internet as seguintes bibliotecas:
1.
Biblioteca Municipal de Redondela

Nestas visitas deberemos conseguir a seguinte información:

  • Horario de apertura ao público.
  • Localizar o enderezo de cada biblioteca: nome da rúa e número.
  • Averiguar as condicións do préstamo para os diferentes documentos da biblioteca.
  • Averiguar as condicións para facerse socio e os pasos a seguir.
  • Que bibliotecas ofertan club de lectura?
  • Que é un club de lectura?
  • Cal foi o último libro que leron no club de lectura infantil?
  • Facer unha ficha do libro que están lendo neste momento: título, autor/a, ilustrador/a, colección, editorial…
  • Que servizos ofertan as bibliotecas de Redondela e de Porriño?
  • Teñen sección infantil?
  • Como están clasificados os libros na sección infantil en cada unha das bibliotecas?
  • Que tipo de documentos poden ser levados en préstamo?
  • Que tipo de documentos non poden ser levados en préstamo?
  • Busca no catálogo das bibliotecas 2 libros que che interesen.
  • Como podemos chegar ata a biblioteca de Porriño, e á de Redondela e á de Mos? Calcula as rutas empregando o seguinte enlace: CALCULAR RUTA