28.4.09

AS LINGUAS DA ESCOLA

Hoxe Ratiño e Ratiña deixaron un regalo moi especial para as familias do colexio. Os dous saben que no colexio hai familias que viñeron de outras comunidades e incluso doutros paises a vivir ao Concello de Mos. Saben tamén que nestas familias fálanse linguas moi diferentes, así que decidiron montar unha estantería con libros nos idiomas que se falan nos lugares de orixen destas familias. Nós sabemos que a chegada de nenos e nenas con idiomas e culturas diferentes á nosa enriquece a nosa escola, e neste caso enriquece tamén á nosa biblioteca escolar.
A biblioteca quere que estas familias poidan levar en préstamo materiais nas súas linguas, polo momento a cantidade de fondos é moi modesta pero irémola incrementando pouco a pouco. Aproveitade para escoitar a fermosa canción cantada en portugués e titulada "TODAS AS LINGUAS" .

ESTANTERÍA DAS LINGUAS DA ESCOLA