19.4.09

ABRIL, MES DOS LIBROS: CINE NA BIBLIOTECA

Ratiño e Ratiña de biblioteca deixaron nas aulas entradas para o cine, cada grupo debe ler con atención para saber que día e a que hora comezará a proxección.




A peli que imos ver titúlase DONKEY XOTE e está inspirada no libro "El ingenioso hidalgo Don Quijote de La Mancha" de Miguel de Cervantes. Con esta proxección queremos celebrar na biblioteca o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO" que como todos os anos se conmemora o 23 de abril.


AS SESIÓNS DE CINE SON AS SEGUINTES:
Mércores 22 de abril 2º ciclo 12:15h.
Xoves 23 de abril 1º ciclo 12:15h.
Venres 24 de abril 3º ciclo 10:00h.