23.4.09

23 DE ABRIL "DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR 2009"


Como en conmemoracións anteriores, desde o IES Río Cabe de Monforte, chéganos un extraordinario cartel. Nesta ocasión as creadoras inspíranse no poder dos libros e da lectura para protexerse de todo o negativo.
Ante unha unhas gotas de chuvia nociva abramos o noso paraugas de cultura, para protexernos a nós mesmos e aos demais.
Nesta celebración que ten por protagonistas aos libros aproveitemos tamén para ler versos fermosos "Versos a moreas..." , un regalo da poeta Gloria Sánchez para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Múndial do Libro e dos Dereitos de Autor 2009.