2.4.09

2 DE ABRIL: "DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL"
DESDE O ANO 1965 O IBBY PROMOVE A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL PARA CONMEMORAR O DÍA DO NACEMENTO DE ANDERSEN. ESTE ESCRITOR NACIDO EN DINAMARCA NO ANO 1.805 É O AUTOR DE CONTOS INFANTÍS FAMOSÍSIMOS COMO “O SOLDADIÑO DE CHUMBO”, “A SIREIÑA” OU “O TRAXE NOVO DO EMPERADOR”.
NA NOSA BIBLIOTECA PARA CONMEMORAR ESTA DATA ORGANIZAMOS SESIÓNS POR CICLOS PARA VER UNHA VERSIÓN ANIMADA DO CONTO "O TRAXE NOVO DO EMPERADOR" E APRENDER A CANCIÓN PROTAGONISTA DESTE MES DE ABRIL "EL COLIBRÍ".