28.2.09

Invitamos a todos os ratiños e ratiñas do cole a participar no I Concurso de creación de Lema e Cartel de animación á lectura.
O prazo de entrega final dos traballos será o 17 de abril e a entrega de premios enmarcarase dentro das actividades organizadas pola biblioteca para conmemorar "Abril, mes dos libros".
Os carteis estarán elaborados con ordenador.
Así que xa sabedes, poñede o voso cerebro a funcionar e a deseñade un lema e un cartel que motive á lectura.
Haberá premios por ciclos!