22.10.08

CONTRATOS DE BIBLIOTECA

Hoxe apareceron por sorpresa nas aulas un contrato e unha carta. A carta, como non, fora enviada pola ratiña e o ratiño de biblioteca e nela explicaban que como bos nenos e nenas lectores que somos debíamos asinar un contrato.
Pero non un contrato calqueira senón un CONTRATO DE USO DOS FONDOS DA BIBLIOTECA.
Todos os que asinan comprométense a cumplir as normas da biblioteca,devolver os préstamos no prazo establecido e a coidar os materiais.
Por suposto asinamos todos e todas na escola, xa que somos uns ratiños e ratiñas lectoras moi comprometidos.
Aquí tendes aos nenos e nenas de sexto de primaria mostrando orgullosos o contrato e as sinaturas.