FORMACIÓN DO CLAUSTRO

Non pode ser casualidade que, no Día Internacional da Educación , o claustro tivera unha tarde de convivencia e formación conxunta para coñecer, manipular e optimizar os materiais e recursos dos que dispoñemos na biblio, co obxectivo de seguir ofrecendo unha educación de calidade ao noso alumnado. As e os docentes compoñentes do equipo desenvolveron uns pequenos obradoiros de xogos de mesa, pensamento computacional, realidade aumentada e audio e son, formándonos e divertíndonos en comunidade. Xa estamos argallando outra nova xornada!