Un novo curso que remata e un ano máis onde vos achegamos algunhas recomendacións de lecturas e xogos de mesa para este verán que comeza xa. Agardamos que gocedes delas! Vémonos á volta. Feliz verán. Ratiña e Ratiño del
Nestes días tivo lugar a entrega de diplomas e agasaios ao alumnado voluntario da bibliotec a neste curso pola súa gran labor e colaboración. Tamén o alumnado máis lector tivo o seu recoñecemento pola cantidade de préstamos realizados durante o curso. Noraboa!
O alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria gozaron na biblioteca dun obradoiro de programación, arte e música, chamado "O instrumento mudo que se fixo un nó" , d a man de Afundación; espertando o interese pola ciencia, a tecnoloxía e o arte.