MAIO MES DAS LETRAS 2022

Este ano, celebramos o Día da Letras Galegas rendindo homexe á figura de Florencio Delgado , a través de diversas propostas de actividades organizadas polo EDLG: - CONSULTAMOS MATERIAL : durante todo o mes de maio, está a disposición dxs alumnxs diferentes referencias bibliográficas (e tamén recomendación de webgrafía como por exemplo http://seminariogalan.org/ ) que xiran en torno á vida e obra do autor. - ILUSTRAMOS A BIOGRAFÍA DO HOMENAXEADO: entre todas as aulas, facemos unha ilustración da súa biografía simplificada, a través da técnica do collage ou a fotomontaxe, para facer unha exposición no corredor. - XOGAMOS COS SEUS POEMAS: realizamos xogos a través dos seus poemas, completando os ocos que faltan de cada un. Ademais de completar o final de cada verso, o alumnado debe localizar o título do poema e colocalo sobre o poema correspondente, traballando de forma lúdica as súas creacións poéticas. - SOMOS POETAS DA AXENDA 2030: o homenaxeado inspirouse para moitos d...