NATUREZA E POESÍA
O día 21 de marzo conmemórase o " Día Mundial da Poesía", data que coincide na mesma semana con varios días significativos para a defensa do medioambiente: o "Día dos Bosques" (21) , "Día Mundial da Auga" (22) e o "Día Metereolóxico Mundial" (23), polo que propoñemos realizar unha actividade que una estas celebracións! Invitamos a inventar e crear POEMAS HAIKUS Estos son unha forma poética de expresión de orixe xaponesa. Para iso, animamos ao alumnado a realizar elxs mesmxs unha foto ou buscar algunha imaxe sobre a natureza, para traballar nas aulas inspirándose nela, creando un poema ou poemas Haiku sobre a mesma. Co resultado faremos unha exposición no cole. A participar!! Xa temos as primeiras evidencias do alumnado de 1º E 6º de EP creando os seus Haikus... Ademais, tamén tivemos a sorte de contar na nosa Escola de Familias EducANDO 2.0, xestionada polo Equipo de Convivencia, cunha nai da nosa comunidade educativa, Cristina Lago, quen nos...