Coma o pasado curso, voltamos con esta actividade para conmemorar e traballar polo Día Escolar da Non Violencia de da Paz, que consiste en escribir unha carta de agradecemento a persoas ou organizacións que traballan na erradicación da violencia, na promoción da cultura de paz e dos dereitos universais das persoas, etc. En definitiva, a persoas que cambian o mundo e o fan un pouco mellor, t raballando así a mentalidade de crecemento expresando a nosa gratitude. Ademais, en concordancia co PDI "Estamos aquí", incluimos personalidades relacionadas coa promoción da cultura ecosostible, entre elas: Greta Thunberg, Oceanográfico de Vigo, Green Peace... Unha das persoas destinatarias elixida polo noso alumnado foi o noso conserxe Nemesio (Sito para todxs nós), como o maior activista do noso cole, sempre colaborando por facer do noso centro, un lugar mellor. Este homenaxe ao noso conserxe, tivo unha gran repercusión social que ata saiu en diversos medios de comunicación, c...