Un dos principais obxectivos do noso PDI deste curso "Seguindo as pegadas" é concienciar ao noso alumnado dos dereitos dos animais e do respecto e coidado de todos os seres vivos, desenvolvendo así a capacidade de poñernos no seu lugar, polo que, como parte do proceso final, estamos a colaborar coa protectora de animais "Os Biosbardos" (Ponteareas), unha asociación sen ánimo de lucro que pon o seu gran de area para intentar facer un mundo máis respectuoso co medio natural e social. E para iso, precisamos de toda a vosa colaboración! Os vindeiros 28 e 31 de maio, acudirán ao centro para ofrecer unhas charlas educativas a todo o noso alumnado, e nós podemos colaborar con eles doando comida de calquer tipo para cans e gatos (preferiblemente pienso para gatos e cans cachorros). A data máxima será o luns 31 de maio, e podedes depositar as vosas doazóns na entrada do centro. O alumnado está tan concienciado que algunhas aulas (como as de 4 anos), están facendo campaña...