Co gallo do Día Mundial da Poesía e a Semana do Libro estamos levando a cabo desde o día 21 de marzo e durante todo este mes unha actividade internivel chamada "RETOS LITERARIOS", partindo do libro Bechopoemas e outras bestas, un poemario moi premiado escrito por Leire Bilbao, ilustrado por Maite Mutuberria e editado por Kalandraka. A idea principal consiste en xogar coa poesía, creada e inventada, propoñendo diferentes retos relacionados con este xénero literario e con algunhas das criaturas que protagonizan este libro, entre as aulas do cole apadriñadas mutuamente. Estas accións poden desenvolverse cos múltiples recursos (plásticos, audiovisuais, sonoros...), que promovan a creatividade e a diversidade do alumnado. Porque as poesías serven para xogar, para aprender algo bonito, para educar os oídos buscando "palabras que soan como...". É un tipo de texto que nos produce diferentes emocións e que teñen máis dunha explicación ou hipótese válida. E senón, mira...