8 M. I CLUB DE LECTURA FEM.

Este ano traballamos durante a semana do 8 ao 12 de marzo, nas horas de ler do cole, a figura da muller, a través do noso I CLUB DE LECTURA FEM , tratando de mostrar lecturas onde a muller e a nena están presentes, a través dunha selección previa de recursos bibliográficos da biblioteca. De esta forma, debatimos, compartimos e empregamos o noso sentido crítico a través desta ferramenta, gozando dos beneficios dun club de lectura con perspectiva de xénero. "Se non podo ler, non quero formar parte da túa revolución", foi o lema adaptado da coñecida cita de Emma Goldman (todo un exemplo de pensamento feminista) para a realización das diferentes actividades e obradoiros que se levaron a cabo tras as lecturas colectivas, signado en LSE e accesible para todo o noso alumnado, o cal podedes ver a través deste código QR. De todas as lecturas, cada clase elixiu unha para traballar en máis profundidade, desenvolvendo actividades arredor da figura dunha muller relevante, como por exemp...