
Ola, rapazada! Como vai ese inicio das clases? Seguro que estades encantados e ilusionados co novo curso... Moitos de vós andades a preguntarnos insistentemente polo proxecto deste ano. Tranquiliños todos!! Ratiño e Ratiña estamos a traballar duro para preparar un curso cheo de actividades chulísimas. Ímolo pasar en grande, coma todos os cursos pasados. E sí, haberá Proxecto Documental Integrado. Peeeeeeeeero... tic, tac, tic, tac,... Teredes que agardar ata o día de Samaín . Na festa máis terrorífica da escola vos anunciaremos a temática do novo proxeto deste ano. Pero..., supoñemos que queredes que vos adiantemos algunha pista . Claro! jajajajaja. Pois podemos dar unha pequeniña. O proxecto vai de..., algo presente en todo lugar e en toda época histórica. Está en todas as casas, nos libros, na biblio, nas clases,... Ai, que nervios! Deixámolo por hoxe, chicxs! Despedímonos cun pouco da maxia da biblioteca!! ATA PRONTOOOOO!...