ABRIL, MES DOS LIBROS:CONTO VIAXEIRO 08/09

Por fin chegou o día! despois de meses de viaxar por todas as aulas da escola a aventura do conto viaxeiro chegou ao seu fin.

Presentamos o 23 de abril "Día Mundial do Libro" unha nova edición do conto viaxeiro. Este ano baixo o título "UNHA AVENTURA INCRIBLE" ve a luz unha nova obra colectiva que pasará a formar parte dos fondos da nosa biblioteca escolar e que como en anos anteriores non dubidamos que vai ser moi solicitada como préstamo polos ratiños e ratiñas lectoras do noso centro.


A presentación terá lugar o xoves 23 de abril ás 11:00h e como en anos anteriores os nenos e nenas de 6º actuarán como narradores do conto.
Este ano participaron na elaboración do conto os nenos do CEIP O Carballal no que estamos aloxados provisionalmente mentres non rematan as obras do noso flamante cole novo.


Ademais como novidade regalaremos un exemplar do conto viaxeiro na visita que a próxima semana faremos á Biblioteca Municipal de Mos dentro das actividades de formación de usuarios programadas pola nosa biblioteca.

Comentarios