POESÍA PARA ESTA PRIMAVERA QUE ACABA DE CHEGAR

Esta é a historia dunha pequena semente,se queredes cantala atoparedes a música no libro "As nosas cancións 1 e 2 (Cancións para unha educación musical natural)"

"NACE UNHA PLANTA"
Caín un día no chan
en forma de carambuña

o vento axiña enterroume
lémbrome tristeira e núa.


Sentín os tronos chamar
neve,saraiba e chuvia

botei raíces na terra
finqueinas ben cadansúa.
Erguinme coa calor
agromei como unha púa

agora xa teño follas
miran ó sol e a lúa.


Ánxela Loureiro.

Comentarios