CARTAS DE RATIÑO E RATIÑA

Hoxe tivemos cartas sorpresa de Ratiño e Ratiña de biblioteca. As nosas mascotas deixaron nas aulas as mochilas viaxeiras para os cursos de 5 anos, 2º , 4º e 6º de primaria. Tamén deixaron os contratos, eses documentos que todos os anos asinamos na escola e cos que nos comprometemos a coidar con moito mimo os materiais da biblioteca.
Tamén deixaron os carnés do alumnado novo no colexio, os carnés dos mais pequenos e aqueles nenos e nenas que chegaron novos ao cole este curso.
Finalmente tamén nos deixaron o horario  para saber cando podemos ir á biblioteca e usar os ordenadores ou ler un ratiño.
Tamén nos deixaron unha foto do momento no que estaban preparando o reparto das cartas.
A que son guapísimos?

Comentarios